A historia e Miguel Littín

por admicom1

O grupo de Historia de América será un dos obxectos de análise dos alumnos de Comunicación Interpersoal neste curso 2014-2015. Este grupo de investigación, dentro do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Facultade de Historia da USC, centra as súas pescudas na cultura e nos acontecementos que levaron á fundación e á evolución das actuais nacións de América. Existe un especial interese por América Latina, unha rexión de vital importancia polas súas relacións con España e pola súa singular historia, na que sempre existen conflitos relativos á identidade nacional, ás ideoloxías políticas que proliferaron ao longo do século pasado e ás relacións coas antigas metrópoles e coas superpotencias do novo continente. Un destes episodios, paradigmático en moitos aspectos, ocorreu en Chile: a caída do goberno socialista de Salvador Allende o 9 de setembro de 1973 e a consecuente ditadura de Augusto Pinochet, que habería de durar 17 anos. Esta etapa de represión significou para moitos  chilenos o exilio, se non querían ser vítimas dun dos reximes militares máis sanguinarios da segunda metade do século XX. Un destes expatriados, oficialmente considerado no seu país como persona non grata, foi Miguel Littín, un cineasta que realizara documentais de denuncia social e que ademais traballara para o goberno de Unidad Popular. Doce anos despois do ascenso de Pinochet, Littín volvía a Chile clandestinamente para gravar un documental sobre a a vida cotiá e o ambiente político baixo o rexime. O documental, dividido en catro partes, estrearía en 1986 co nome Acta general de Chile.

A serie documental completa podédela atopar nos seguintes enlaces:
Parte I

Parte II

Parte III

Parte IV

O mesmísimo García Márquez acompañou a Littín na súa viaxe secreta a Chile, unha experiencia que relata no seu libro La aventura de Miguel Littín clandestino en Chile.

A labor de descubrimento e de investigación a pé de rúa, tanto de Littín coma de Gabo, xeran documentos esenciais para debuxar, da maneira máis obxectiva posible, a historia dos países americanos cuxos acontecementos máis recentes seguen a ser hoxe obxecto de especulación e de estudo. As relacións entre diferentes investigadores internacionais, como os da Facultade de Historia, e un estudo interdisciplinario poderán aclarar e dar unha mellor visión, máis aséptica e ampla, das persoas e eventos que forxaron e están a forxar o mundo de hoxe.

PEREIRA VILA, JORGE 152.H02