Sumak Kawsay para todos

por admicom1

Un dos textos obrigatorios para os debates versaba sobre as Epistemoloxías do Sur. Este termo acuñouno o profesor e catedrático de Socioloxía Boaventura de Sousa Santos, non como unha referencia xeográfica no coñecemento, senón como metáfora do sur antiimperialista, é dicir, fai referencia a todo o pensamento alternativo ao que hoxe consideramos o hexemónico. Gustaríame abrir unha pequena fenda e ampliar o debate para o resto de xente que non coñece este estudo e plantexar algunhas preguntas e reflexións sobre as condicións do noso entorno epistemolóxico e a nosa forma de vida. Existe unha dictadura do coñecemento? Ata onde chega? Quen son os encargados de seleccionar os contidos que conforman a nosa percepción política e social?. En moitos aspectos temos unha perspectiva moi occidentalizada das nosas vidas, e precisamente por iso é polo que Boaventura recorre as epistemoloxías dos lugares nos que non se deu tal influencia e que siguen conservando os valores vitais baixo os que se fundou a súa comunidade. De ahí o Sumak Kawsay, ou paradigma do Bon Vivir, no que cada individuo é unha peza fundamental do engranaxe que fai funcionar a comunidade e onde o máis importante de todo é vivir en equilibrio co teu entorno natural e social. Hai Sumak Kawsay ao voso arredor?

(Vídeos completos)

Boaventura de Sousa

Boaventura de Sousa y Silvia Cusicanqui

VAZ ÁLVAREZ, Martín 152.H05